Thursday 09 de May de 2024

A Banda de Música de Ordes ofrece este sábado un concerto para celebrar o seu XXV aniversario


Estarán acompañados do trío Vaamonde, Lamas e Romero quenes combinaran o humor coa música e os sons máis tradicionais. Trátase do primeiro acto dun amplo programa que inclúe a gravación dun CD

A Banda de Música de Ordes celebrará este vindeiro sábado, 27 de febreiro, o primeiro dos actos previstos no seu programa de conmemoración polo XXV aniversario da súa fundación. A partir das 19.45 horas os seus compoñentes subirán ao escenario da discoteca LP45 acompañados do trío folk ‘Vaamonde, Lamas e Romero’. Todos xuntos ofrecerán un interesante e orixinal espectáculo no que se mesturan o sabor popular e a modernidade. Música popular e teatralidade aderezadas con grandes doses de humor e retranca, que inclúe os arranxos realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza. Un espectáculo único e distinto no cal tamén colabora o Concello de Ordes, a Deputación da Coruña e LP45 e que se poderá desfrutar de balde.